Con Sam e Emma transformamos as rutinas e actividades cotiáns en oportunidades para aprender inglés de maneira natural. Grazas ao apoio de Kan-do, cada día convértese nunha viaxe chea de descubrimentos que lles axudan a ter máis autonomía e confianza.
Sam, Emma e Kan-do espéranvos para vivir esta aventura xuntos!
Tecnoloxía e innovación pedagóxica ao servizo da aprendizaxe
Combinamos intelixencia artificial ética e computación afectiva para ofrecer unha experiencia personalizada, segura e coidadosamente supervisada. A experiencia dixital destes cursos adáptase ao que ten sentido nestas franxas de idade para garantir unha contorna estimulante e responsable.
Conexión entre a aula e My Way
My Way non é un complemento, senón que é parte da viaxe. My Way convive coas clases presenciais nos nosos centros e amplía a experiencia de aprendizaxe na casa con contido relevante e de calidade en inglés para seguir en contacto co idioma.
Personalización da experiencia de aprendizaxe
My Way é unha aplicación familiar para acceder aos audios do curso e acompañar aos nenos e nenas nas súas rutinas e bos hábitos. Tamén ofrece contidos adicionais, como vídeos e xogos, para que poidades compartir momentos de aprendizaxe en inglés cos vosos fillos e fillas.
Aprender xogando
O xogo é o vehículo que nos permite ensinar inglés de forma natural, divertida e efectiva. É unha maneira de aprender que emociona e funciona.